martes, 29 de marzo de 2016

ESTE 13 DE ABRIL: TOD@S Á FOLGA ESTUDANTIL!






Desde hai xa un tempo levamos soportando as políticas de recortes do actual goberno impopular, o que supón unha claro deterioro das condicións das nosas vidas. No presente, o PP da corrupción e o malgasto xestiona para os escuros intereses do BCE e o FMI, salvando os desastres das elites oligárquicas e esquecéndose por completo de quen di representar.

No concreto, a mocidade na Galiza sufrimos con dureza a saída dos partidos do Réxime para a actual crise do capital, traducida esta en máis desemprego, precariedade e máis privatizacións do chamado sector público.

O sector educativo non queda á marxe destas medidas contrarias ás clases populares. Os golpes contra a nosa formación céntranse na exclusión, na segregación e na discriminación da nosa lingua e cultura nacional. Coa actual LOMCE ( e todo o que esta lei leva ), mais o modelo do 3+2 , trátasenos como mercadoría, limitando así aínda máis o noso acceso a un ensino público, democrático, laico, de calidade e en galego.

O Encontro de Marxistas, espazo coordinador e de debate entre as revolucionarias de recente creación, chama a dar unha resposta en clave unitaria e combativa, en contraposición ós valores individualistas e liberais que nos ofrece esa "nova esquerda" ciudadanista, indefinida ideolóxicamente. Un certeiro ataque que centre os seus obxectivos no marco político herdado do franquismo, a Monarquía Parlamentaria, e o sistema económico de libre mercado en acelerada decadencia. En definitiva, contra os nosos inimigos de clase.

Así pois, a xuventude temos coma inaprazables tarefas a construción dunha República Popular, baseada na libre adhesión das nacións e pobos encarceados por o actual Estado Español, e do Socialismo, como etapa previa a unha sociedade plenamente igualitaria e xusta, a Comunista.

Sabemos que nos atopamos ante a urxencia de conformar un sindicato estudantil forte e cohesionado para que devolva a vida á mobilización social, pero tamén é de primeira necesidade recuperar o prestixio das leninistas e avanzar xuntas para a construcción do Partido Comunista. 

POR UNHA EDUCACIÓN Ó SERVIZO DO POBO!
POR UN ESTUDANTADO VALENTE E ORGANIZADO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario