martes, 22 de marzo de 2016

ANDRÉ ABELEDO PRESENTOU UNHA MOCIÓN EN NARÓN PARA A CONMEMORACIÓN DO 14 DE ABRIL



André Abeledo, militante comunista e membro activo do Encontro de Marxistas , presentou no Concello de Narón unha MOCIÓN EN CLAVE RUPTURISTA E MEMORIALISTA, para que se celebre neste municipio de Ferrolterra o 85 Aniversario da Segunda República. 

A continuación, reproducimos algunhas partes da Moción:

  " O 14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou  un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. "

  " A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos. "

  " O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República. "

  " Por todo iso (...) sometemos á consideración do Pleno a aprobación dos seguintes ACORDOS:

1.- Condenar o alzamento militar do 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da II República española.


2.- Que o 14 de abril ondee a bandeira republicana na sede consistorial, ou na praza principal do municipio, para  facer unha homenaxe a todas as persoas que defenderon a II República así como ao período democrático que se inaugurou.


3.- Que o Concello organice no municipio actos conmemorativos e divulgativos do 85 aniversario da proclamación da II República, así como promover actividades encamiñadas á rehabilitación política e cívica de todos aqueles cidadáns e cidadás que foron vítimas da represión franquista xa fose durante o alzamento militar, ou durante a posguerra. "

O Encontro de Marxistas CHAMA a participación activa das revolucionarias para esta data, organizando actos, charlas, e difundindo un MANIFESTO e un CARTEL que prepararemos entre todas, reclamando unha REPÚBLICA POPULAR e o SOCIALISMO, para devolverlle a democracia ó pobo traballador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario