jueves, 17 de marzo de 2016

CONCLUSIÓNS DO PRIMEIRO ENCONTRO DE MARXISTAS EN PONTEVEDRA.

   
O primeiro “Encontro de Marxistas” celebrouse o domingo día 6 de Marzo en Pontevedra, o chamamento acudiron comunistas de toda Galiza que militan en diferentes partidos e organizacións da esquerda marxista é camaradas a nivel individual. 

O “Encontro de Marxistas” é un proceso propio da Galiza pero aberto a coñecer e compartir experiencias con proxectos similares que están a xurdir tanto no estado español como a nivel internacional, nesta ocasión contamos coa presencia de dous camaradas que están a impulsar a “Plataforma de Comunistas” en Madrid. 
Nas intervencións fíxose un análises da actual situación nacional e internacional facendo fincapé na vixencia da loita de clases como motor da historia, concordamos en que para poder definirse de esquerdas hai que ser anticapitalista, que é preciso recuperar o prestixio dos comunistas entre a clase obreira. 

Entendemos que é necesaria a superación do réxime do 78 para poder instaurar a República con unha verdadeira democracia popular, e a realización dun traballo pedagóxico sobre esta tarefa.

Os comunistas debemos ser un suxeito político real, o comunismo é dialéctica, é organización, é debate, pero tamén audacia e práctica. 

Partindo da base de que a esquerda sempre é rupturista entendemos a necesidade da unidade da esquerda, e de participar en todos os espazos de confluencia para ser ferramenta de cambio real en mans das traballadoras e traballadores, esta confluencia debe basearse no debate, nos posiciónamentos de carácter ideolóxico, nos programas políticos, non só no resultadismo e na mercadotecnia. 

Sabemos que é necesario que as comunistas e os comunistas fagan oír a súa voz nos movementos de masas, sabemos que o “ciudadanismo” froito da revolución francesa non pode cambiar a sociedade posto que defende as posicións da burguesía.

Estamos ante unha crise económica da que non se pode saír dende o capitalismo, é unha crise  de sobreprodución e de escaseza de recursos enerxéticos, unha crise da que nacen as actuais guerras de rapiña e de destrución de estados para roubar as riquezas dos pobos.

Constatamos que é necesaria unha maior participación da muller liderando a loita contra o sistema, posto que a muller é dende sempre a parte da clase obreira máis explotada, e a quen esta afectando a crise máis duramente. 

Tamén precisamos dunha maior presencia da xuventude, traballar na formación de novos cadros comunistas, crear un espazo de debate e intercambio de ideas é unha peza fundamental para a recuperación da conciencia de clase.

Os comunistas debemos estar presentes activamente en todos os frontes de masas e non perdernos na burocracia institucional, para iso precisamos de masa crítica, de bases preparadas, de militancia activa, demostrando a nosa capacidade para cambiar a realidade, para construír alternativas o sistema, traballando dende dentro das institucións burguesas pero sobre todo na rúa, nos centros de traballo, na loita estudantil...

Temos que ser vangarda e punta de lanza na loita contra as guerras, conta a explotación, defendendo os dereitos da clase obreira, avisando do perigo que supón o capitalismo para a supervivencia da nosa especie e da vida no noso planeta. 

Entendemos que é necesario que a Galiza teña un proceso propio, somos unha nación cunha historia, unha cultura, e unha lingua propias, pero non debemos perder de vista o carácter internaciolista e de unidade de clase da nosa loita. 

Emprazámonos a novos encontros nas diferentes comarcas e localidades da Galiza, e a continuar traballando nas nosas organizacións e partidos, a seguir camiñando cara o horizonte comunista, e a seguir difundindo a necesidade de “encontrarnos no encontro”.

Comezamos dende agora a preparación de un SEGUNDO ENCONTRO NACIONAL.

 Proletarios de todos os países unídevos!

1 comentario:

  1. Salud camaradas, sería muy enriquecedor para el blog poner también los textos en castellano, gracias y un saludo marxista-leninista.

    ResponderEliminar