jueves, 31 de marzo de 2016
DEFENSA DA MOCIÓN EN FAVOR DA SEGUNDA REPÚBLICA EN NARÓN
Parafraseando
a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a
súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea
fascista, “Xamais renunciaremos nin o máis vello dos nosos sonos”.
O
14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o
primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou un
verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución
democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de
igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha
república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime
de Liberdade e de Xustiza”, o principio de soberanía popular,
establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23
anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses
da economía nacional, constituíuse un “Estado integral,
compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”, o
principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os
Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán
economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”,
ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o
ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a
liberdade de cátedra.
A
II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade,
na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución
da xustiza social.
Este
sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso
a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.
O
14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o
dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e
concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o
golpe de estado franquista contra a II República.
“Quen
esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai
moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha
gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica.
Porque
a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de
estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía
que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un
goberno lexitimo e referendado nas urnas, un golpe de estado covarde
que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando Nacional
contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que
enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que
aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda
Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para
matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro
xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun
pobo que se quería libre.
Lembro agora unha
das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres
enterran semente.”
Algúns din que
cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas,
pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas?, ¿como
perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en
Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é
un delito.
Por
Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras
contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só
temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da
barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.
Temos
documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles
foron mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a
legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no
cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor
Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17
mariñeiros do “Mar Cantabrico”.
Nove
veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e
asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous
morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión.
Estas
93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os
que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os
presos, os multados...
Como
terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do
Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e
“España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que
para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros
do “Acorazado España”.
O
próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e
todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val unha
ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliados.
Honor
e Gloria os nosos mártires.
Saúde
e República. A pola terceira.
martes, 29 de marzo de 2016
ESTE 13 DE ABRIL: TOD@S Á FOLGA ESTUDANTIL!
Desde hai xa un tempo
levamos soportando as políticas de recortes do actual goberno
impopular, o que supón unha claro deterioro das condicións das
nosas vidas. No presente, o PP da corrupción e o
malgasto xestiona para os escuros intereses do BCE e o FMI,
salvando os desastres das elites oligárquicas e esquecéndose por
completo de quen di representar.
No concreto, a mocidade
na Galiza sufrimos con dureza a saída dos partidos do Réxime para a
actual crise do capital, traducida esta en máis desemprego,
precariedade e máis privatizacións do chamado sector público.
O sector educativo non
queda á marxe destas medidas contrarias ás clases populares. Os
golpes contra a nosa formación céntranse na exclusión, na
segregación e na discriminación da nosa lingua e cultura
nacional. Coa actual LOMCE ( e todo o que esta lei
leva ), mais o modelo do 3+2 ,
trátasenos como mercadoría, limitando así aínda máis o noso
acceso a un ensino público, democrático, laico, de calidade e en
galego.
O Encontro de Marxistas,
espazo coordinador e de debate entre as revolucionarias de recente
creación, chama a dar unha resposta en clave unitaria e combativa,
en contraposición ós valores individualistas e liberais que nos
ofrece esa "nova esquerda"
ciudadanista, indefinida ideolóxicamente. Un certeiro
ataque que centre os seus obxectivos no marco político herdado do
franquismo, a Monarquía Parlamentaria, e o sistema económico de
libre mercado en acelerada decadencia. En definitiva, contra os
nosos inimigos de clase.
Así pois, a
xuventude temos coma inaprazables tarefas a construción
dunha República Popular, baseada na libre adhesión das nacións
e pobos encarceados por o actual Estado Español, e do
Socialismo, como etapa previa a unha sociedade plenamente igualitaria
e xusta, a Comunista.
Sabemos que nos atopamos
ante a urxencia de conformar un sindicato estudantil forte e
cohesionado para que devolva a vida á mobilización
social, pero tamén é de primeira necesidade recuperar o
prestixio das leninistas e avanzar xuntas para a
construcción do Partido Comunista.
POR UNHA EDUCACIÓN Ó SERVIZO DO POBO!
POR UN ESTUDANTADO VALENTE E ORGANIZADO!!!
miércoles, 23 de marzo de 2016
ACTO EN VIGO CONTRA O EMBARGO IMPERIALISTA Á CUBA POPULAR
O Encontro de Marxistas amosa o seu total apoio ó acto convocado hoxe, Mércores 23 de Marzo as 18 horas no Mercado do Calvario en Vigo, pola Asociación Cubana Galega Haydee Santamaría, para pedir o remate do vergoñento embargo dos Estados Unidos de América sobre a patria cubana, asumindo así o papel internacionalista e antiimperialista que as comunistas lle corresponde.
ABAIXO A INXUSTA POLÍTICA NORTEAMERICANA!!
VIVA A CUBA DEMOCRÁTICA E SOBERANA!!!!
martes, 22 de marzo de 2016
SOMOS PIEZAS
Como
ya saben, soy un peón de negras de ajedrez, y vengo hoy a contarles
algo que me ha pasado y me ha hecho reflexionar; el otro día, después de
la partida, un peón blanco se guardó por error en la parte de las
piezas negras. En la oscuridad de la caja y fuera del campo de batalla,
no le notamos la diferencia con nosotros excepto por el acento, al
principio era raro, pero era un tipo estupendo, no muy distinto de
nosotros, con el que nos lo pasamos muy bien, lo único que quería era
volver a casa con la familia y ganarse la vida de forma decente.
Ciertamente
lo vi más cercano a mí que mis propias piezas, excluyendo a mis
hermanos los peones, porque ¿Qué tenemos que ver nosotros con los
caballos? A ellos les gusta la guerra y no tienen autoridad para
reclamar, ¿Y con los alfiles? Sólo sé que no sirven al rey, no pueden
casarse y tienen suaves y cuidadas manos, ¿Las torres? Si hay alguna
protesta su obligación en el tablero es salir a darnos de h. estooo.... a
darnos una lección de civismo, ¿La reina? Bueno, en apariencia la reina
no es tan lejana, de hecho todos los peones soñamos en convertirnos en
una, pero es altiva y en realidad es inalcanzable, cuando coronamos y
ocupamos su lugar, es sólo hasta que acaba la partida y a casa vuelves
peón ¿El rey?, es una pieza no mucho mejor que uno de nosotros, de
hecho, ¿por qué tenemos que morir por él? Ahora me siento mas ligado al
peón blanco que a él.
Pensé
mucho, volví a pensar, le di vueltas, seguí reflexionando... ¿Por qué
es tan poderoso? ¿Por qué no puede ser elegido?, ni siquiera podemos
coronar a rey, podemos convertirnos en cualquier pieza menos en él ¿Por
qué hace falta rey?, ¿Por qué él es considerado mejor que uno de
nosotros?. Para mí es más válido cualquier peón, ya que estamos
en contacto con la realidad, creo que si se nos escuchase nos iría
mejor, además si el rey no es el que manda no perderíamos al rendirse
una pieza, y eso es otra, al rey nunca lo comen, el muy cobarde se
rinde, nos pide morir por él, pero él si se ve amenazado exige cualquier
sacrificio para salvarse, incluso la reina...
Intenté
hablar con las otras piezas, pero las piezas “superiores” no me
escucharon (a las torres no les conté nada, ya sabéis, ven alborotadores
y espías en todas partes y no tenía ganas de probar el calabozo) En el
caso de la pareja real ni siquiera se puede acercar uno a ellos y,
además, mis compañeros los peones estaban ocupados con el fútbol... y
les entiendo, el reino se mantiene con su trabajo y cuando llevas
trabajando 40 horas declaradas y 20 sin declarar, el domingo sólo tienes
ganas de descansar la cabeza.
Llegó
el día de la partida, tengo al peón blanco enfrente, de repente veo lo
inútil que es todo, al llegarme la orden me niego a avanzar y le grito a
mis hermanos, ¡No peleéis contra ellos, son peones como vosotros!,
luego le grito a todos ¡Peones del tablero, uníos!, pero todo es inútil,
mis hermanos acatan las órdenes, los enemigos no me escuchan, y el
primero en morir es mi amigo el peón blanco. Yo caí en batalla y en el
informe oficial se declaró que me mantuve firme en la defensa del rey,
una vida curiosa ésta, las torres me metieron en el calabozo después de
la partida y tengo que reconocer que pusieron mucho empeño en hacer su
trabajo, así que, voluntariamente, acepté y transigí...
Ya
no soy el mismo, el fútbol me enfada, las conversaciones de mis
compañeros no me llenan, se que ya no soy un peón, pero lo sigo siendo y
cada partida veo a mi amigo enfrente, acato órdenes, y hago lo que
tengo que hacer, pero no puedo evitar llorar al matar a una pieza
blanca, si pudiera hacerles entender, si tan solo entendieran. Ojalá un
día...
El peón de negras
ANDRÉ ABELEDO PRESENTOU UNHA MOCIÓN EN NARÓN PARA A CONMEMORACIÓN DO 14 DE ABRIL
André Abeledo, militante comunista e membro activo do Encontro de Marxistas , presentou no Concello de Narón unha MOCIÓN EN CLAVE RUPTURISTA E MEMORIALISTA, para que se celebre neste municipio de Ferrolterra o 85 Aniversario da Segunda República.
A continuación, reproducimos algunhas partes da Moción:
" O 14 de abril
cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o primeiro réxime
democrático da nosa historia que instaurou
un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución
democrática de España. "
" A II República
promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das
liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.
Este sistema
democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos
de franquismo, de represión e de retrocesos. "
" O 14 de abril ten
que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer
unha homenaxe a todos os alcaldes e
concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado
franquista contra a II República. "
" Por todo iso (...) sometemos á consideración do Pleno a aprobación
dos seguintes ACORDOS:
1.- Condenar o alzamento militar do 18 de xullo de
1936 contra o goberno lexítimo da II República española.
2.- Que o 14 de abril ondee a bandeira republicana na
sede consistorial, ou na praza principal do municipio, para facer unha homenaxe a todas as persoas que
defenderon a II República así como ao período democrático que se inaugurou.
3.- Que o Concello organice no municipio actos
conmemorativos e divulgativos do 85 aniversario da proclamación da II
República, así como promover actividades encamiñadas á rehabilitación política
e cívica de todos aqueles cidadáns e cidadás que foron vítimas da represión
franquista xa fose durante o alzamento militar, ou durante a posguerra. "
O Encontro de Marxistas CHAMA a participación activa das revolucionarias para esta data, organizando actos, charlas, e difundindo un MANIFESTO e un CARTEL que prepararemos entre todas, reclamando unha REPÚBLICA POPULAR e o SOCIALISMO, para devolverlle a democracia ó pobo traballador.
jueves, 17 de marzo de 2016
CONCLUSIÓNS DO PRIMEIRO ENCONTRO DE MARXISTAS EN PONTEVEDRA.
O primeiro “Encontro de Marxistas” celebrouse o domingo día 6 de
Marzo en Pontevedra, o chamamento acudiron comunistas de toda Galiza que
militan en diferentes partidos e organizacións da esquerda marxista é
camaradas a nivel individual.
O “Encontro de Marxistas” é un proceso propio da Galiza pero aberto
a coñecer e compartir experiencias con proxectos similares que están a
xurdir tanto no estado español como a nivel internacional, nesta ocasión
contamos coa presencia de dous camaradas que están a impulsar a
“Plataforma de Comunistas” en Madrid.
Nas intervencións fíxose un análises da actual situación nacional e
internacional facendo fincapé na vixencia da loita de clases como motor
da historia, concordamos en que para poder definirse de esquerdas hai
que ser anticapitalista, que é preciso recuperar o prestixio dos
comunistas entre a clase obreira.
Entendemos que é necesaria a superación do réxime do 78 para poder instaurar a
República con unha verdadeira democracia popular, e a realización dun
traballo pedagóxico sobre esta tarefa.
Os comunistas debemos ser un suxeito político real, o comunismo é dialéctica, é organización, é debate, pero tamén audacia e práctica.
Os comunistas debemos ser un suxeito político real, o comunismo é dialéctica, é organización, é debate, pero tamén audacia e práctica.
Partindo da base de que a esquerda sempre é rupturista entendemos a
necesidade da unidade da esquerda, e de participar en todos os espazos
de confluencia para ser ferramenta de cambio real en mans das
traballadoras e traballadores, esta confluencia debe basearse no debate,
nos posiciónamentos de carácter ideolóxico, nos programas políticos,
non só no resultadismo e na mercadotecnia.
Sabemos que é necesario que as comunistas e os comunistas fagan oír
a súa voz nos movementos de masas, sabemos que o “ciudadanismo” froito
da revolución francesa non pode cambiar a sociedade posto que defende as
posicións da burguesía.
Estamos ante unha crise económica da que non se pode saír dende o
capitalismo, é unha crise de sobreprodución e de escaseza de recursos
enerxéticos, unha crise da que nacen as actuais guerras de rapiña e de
destrución de estados para roubar as riquezas dos pobos.
Constatamos que é necesaria unha maior participación da muller
liderando a loita contra o sistema, posto que a muller é dende sempre a
parte da clase obreira máis explotada, e a quen esta afectando a crise
máis duramente.
Tamén precisamos dunha maior presencia da xuventude, traballar na
formación de novos cadros comunistas, crear un espazo de debate e
intercambio de ideas é unha peza fundamental para a recuperación da
conciencia de clase.
Os comunistas debemos estar presentes activamente en todos os
frontes de masas e non perdernos na burocracia institucional, para iso
precisamos de masa crítica, de bases preparadas, de militancia activa,
demostrando a nosa capacidade para cambiar a realidade, para construír
alternativas o sistema, traballando dende dentro das institucións
burguesas pero sobre todo na rúa, nos centros de traballo, na loita
estudantil...
Temos que ser vangarda e punta de lanza na loita contra as guerras,
conta a explotación, defendendo os dereitos da clase obreira, avisando
do perigo que supón o capitalismo para a supervivencia da nosa especie e
da vida no noso planeta.
Entendemos que é necesario que a Galiza teña un proceso propio,
somos unha nación cunha historia, unha cultura, e unha lingua propias,
pero non debemos perder de vista o carácter internaciolista e de unidade
de clase da nosa loita.
Emprazámonos a novos encontros nas diferentes comarcas e
localidades da Galiza, e a continuar traballando nas nosas organizacións
e partidos, a seguir camiñando cara o horizonte comunista, e a seguir
difundindo a necesidade de “encontrarnos no encontro”.
Comezamos dende agora a preparación de un SEGUNDO ENCONTRO NACIONAL.
Proletarios de todos os países unídevos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)